martes, 3 de maio de 2016

BENEFICIOS DA EDUCACIÓN MUSICAL PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO

Neste artigo vou comentar a importancia da música no Sistema Educativo reflexionando sobre os seguintes aspectos:
1º Situación sociopolítica da educación musical noutros sistemas educativos e no noso, con especial atención á LOMCE .
2º Algúns aspectos beneficiosos da educación para alumnado en xeral.
3º Aspectos beneficiosos para os alumnos con necesidades educativas especiais dende o tratamento que fago eu como musicoterapeuta no meu cole CEE Saladino Cortizo.


A situación sociopolítica da educación musical no noso sistema educativo está sufrindo un craro retroceso, posto que se limita cada vez máis a educación artística das novas xeracións. Concretamente a música pasou de ter unha sesión obrigatoria á semana  a ser unha “optativa” na educación primaria. Como mínimo coa LOGSE había 1 sesión semanal, xa que de música podíanse impartir 1 ou 2 sesións semanais, xa que de educación artística con plástica comprendía un total de 3 horas atendendo ao currículo do Decreto 245/92 de curriculo de primaria de Galicia. A LOE posteriormente limitou a 2 sesións a educación artística: 1 hora de música e outra de plástica á semana e punto. A LOMCE ao permitir a optatividade de música en primaria, plantexa a posibilidade de que un alumno escolla como optativa unha segunda lingua extranxeira como o francés, por exemplo, de maneira que non teña contacto algún coa educación musical durante a súa formación básica obrigatoria. Isto é aberrante se o comparamos con outros sistemas educativos, coma o Húngaro, onde a poboación fórmase en música cunha hora diaria no sistema educativo ordinario. Así teñen os músicos que teñen.


A música ten aspectos beneficiosos para educación de todas as persoas. En xeral poderíamos dicir que a música propicia todas as esferas do desenvolvemento. 

Imaxe tomada de Cecilia Quiroz en slideshare

Desenvolvemento psicomotor a nivel groso e fino. Está moi relacionado co razonamento e aptitude espaciais. O razonamento ten que ver con establecer relacións espaciais en sentido amplo como a comprensión de mapas dos arquitectos que na música ten o seu paralelismo na arquitectura da composición das estructuras formais de música culta e tamén popular e lixeira máis sinxelas. A aptitude espacial contempla a habilidade de descompoñer elementos grandes e máis pequenos comprendendo a relación entre eles, como na bricolaxe e arranxo de aparellos electrónicos. Na música exprésase no vínculo neurolóxico que se establece entre a linguaxe musical e escoita de música, coa automatización de movementos para situar cada nota no instrumento e o movemento preciso para obter esa nota da intensidade e duración axeitada. A interpretación instrumental relaciónase moito coa psicomotricidade fina e a danza coa psicomotricidade grosa.

Desenvolvemento cognitivo de procesos cognitivos superiores relacionados co pensamento converxente e diverxente. As habilidades converxentes que máis desenvolve a música dende o meu punto de vista son en esta orde: razonamento e aptitude espacial (establecemento de relacións espaciais e de movemento atendendo á lóxica), memoria a longo e curto prazo (tanto para memorizar repertorio como para responder rápidamente á estímulos), a atención sostenida, a velocidade de procesamento, razonamento matemático e aptitude numérica (presente nas proporcións rítmicas e nos intervalos sonoros), a planificación (de cara a composición musical). As habilidades do pensamento diverxente teñen que ver coa creatividade, a creación de ideas orixinais en grande número e fluidez que poden utilizarse para achar unha solución nova a un problema e para crear unha peza musical con elementos enormemente innovadores.

Desenvolvemento lingüístico. Relacionado co cognitivo. A linguaxe musical é unha linguaxe con craros paralelismos co linguaxe oral. Xa Sloboda se deu conta disto. Todo o traballo de educación de técnica vogal e hixiene vogal favorecen unha fala libre de afeccións vogais, gracias á respiración, a vogalización, o uso dos resonadores, a articulación, etc. A exercitación da lectura musical tamén favorece a lectura da linguaxe oral.

Desenvolvemento afectivo emocional e social. Si entendemos la socialización como parte del proceso de educación de igual importancia que la personalización (Dewey), entenderemos que la música ofrece oportunidades para asumir normas, interiorizar valores que se mostrarán como actitudes positivas. A música favorece a colaboración, o traballo en equipo, a xenerosidade, a disciplina, a asunción das normas da dirección musical, etc. A música ten un enorme poder para elicitar emocións (positivas ou negativas), polo que un bo uso pode ser ata musicoterapéutico.


Como mestre de educación musical no CEE Saladino Cortizo, traballo por competencias, polo que as capacidades mermadas de cada un dos meus alumnos e alumnas melloren, polo que a miña práctica docente contribúe ao desenvolvemento das comptencias crave. Paso a comentar a contribución ás competencias crave na miña práctica docente.

Imagen tomada de wikisaber.es

1. Conciencia e expresión culturais (CCEC).

Sen dúbida, a competencia que máis se relaciona coa educación musical. A práctica vogal e canto, a prá1ctica instrumental, a danza e o baile, así como a escoita de obras musicais, achegan ao alumnado á realidade cultural e artística de Galicia, do Estado Español e doutras realidades do mundo. Achegan tanto a realidade cultural das diferentes poboacións humanas, como á cultura musical entendida como saberes cultos sobre a música. O repertorio a traballar na aula incluirá o folclore (especialmente galego), a música culta (barroca, clásica, romántica, impresionista e de vangardas) así como folclore infantil no 1º ciclo e música comercial cos maiores. Alén disto, todas as actividades que se realizan en educación musical son unha manifestación artística, tanto como percepción, como expresión creativa e persoal a partires da improvisación libre ou suxerida do alumnado.

2. Comunicación lingüística (CCL).

A música é un vehículo de expresión e comunicación, mediante a improvisación vogal e canto e demais modos de expresión (práctica instrumental e baile e movemento musicais). A práctica vogal e o canto contribúen a que o alumnado mellore a pronuncia, a respiración, o ritmo da fala, a adquisición de vocabulario. Utilizaranse pictogramas e a Linguaxe de Signos bimodal para representar as letras das cancións no marco da comunicación aumentativa. O conto musical e a dramatización de letras de cancións teñene un compoñente verbal importante que redunda na comprensión oral do alumnado e tamén na consecución desta competencia.

3. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).

A competencia matemática estará presente nas cantidades relacionadas coas calidades do son: rápido ou lento (eurritmia e notación de duración), agudo ou grave (relacionadas co tamaño pequeno ou grande dos instrumentos, das placas) e forte.suave;  e tamén co feito de contar no baile ou a presenza de números nas letras de cancións. O uso da notación numérica nos casos que sexa posible, é a utilización dos números para achegar a notación musical ao alumnado.
As competencias básicas en ciencia e tecnoloxía desenvólvense mediante os instrumentos musicais, xa que teñen unha serie de calidades físicas do son (agudo-grave) que están relacionadas co tamaño das láminas dos instrumentos de placa (xilófonos, metalófonos, carillóns) e o tamaño dos diferentes instrumentos. A realidade sonora como elemento do mundo físico, permite a interación do alumnado co mundo físico. Os instrumentos son aparellos artificias que é necesario construir.
A tecnoloxía que máis traballamos é a tecnoloxía audiovisual, xa que se trata dun é un excelente medio para achegar ao alumnado de educación especial á música de diferentes compositores, autores e lugares do mundo; así como a comprensión de procesos de fabricación de instrumentos musicais.

4. Competencia dixital (CD).

O uso do ordenador na aula de música permite a proxeción de músicos, bandas musicais, orquestras; así como para a aprendizaxe de cancións e xogos musicais en CD-ROM e xogos informáticos on-line. Dende o punto de vista da comunicación aumentativa e a estimulación multisensorial, o ordenador é un recurso imprescindible para achegar á realidade ao alumnado mediante vídeos, musicogramas, cancións en pictogramas, etc. O teclados musicais son un excelente medio para que o mestre poida realizar acompañamentos complexos e as melodías das pezas que o alumnado execute, dotando á banda rítmica e ao grupo instrumental de todos os elementos musicais necesarios. O alumnado pode interpretar calquera timbre instrumental grazas a utilización dos teclados multitímbricos.

5. Aprender a aprender (CAA).

Ao tratarse dun Centro de Educación Especial, a educación musical deberá ter un enfoque musicoterapéutico, que busque sobre todo que o que se aprenda na aula música, serva para traballar capacidades e aprendizaxes transferibles e útiles para a vida. Por iso a práctica vogal e canto debe perseguir a mellora na fala e a adquisición de vocabulario;  a práctica instrumental, mediante a manipulación dos instrumentos, perseguirá o desenvolvemento da psicomotricidade fina e do sentido rítmico para as tarefas cotiás que requiran precisión (vestirse, atarse o cordóns, etc.); e o baile e a danza perseguirán que o alumnado desenvolva a psicomotricidade grosa que se traduza nunha maior capacidade de Desprazamento: camiñar, correr, saltar, etc.

6. Competencias sociais e cívicas (CSC).

A música nas súas diferentes manifestacións de práctica vogal e canto, de baile e danza, e de práctica instrumental precisan do traballo en grupo e son manifestacións artísticas de carácter social. A utilización de repertorio aprendido na aula para celebrar as conmemoracións do centro: Dereitos Humanos, Nadal, o día da Paz, Semana da prensa, Día do libro, Letras galegas... achegan ao alumnado a expresión social da arte, en particular da música. Asemade, o traballo en grupo que se precisa na aula de musica, favorece a integración social do alumnado no seu grupo e a posta en práctica de habilidades sociais. A utilización de música comercial co alumnado adolescente, favorece a xeración de gustos musicais acordes coa súa idade e resulta un elemento importante de integración social.

7. Sentido de iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE).

A iniciativa e o emprendemento, nas persoas con necesidades educativas especiais na aula de música, debe tratarse dende dous puntos de vista, alcanzar maiores niveis de inciativa mediante o desenvolemento da autonomía e o desenvolvemento do espíritu emprendedor mediante a motivación. A autonomía no alumnado con Necesidades Educativas Especiais habitualmente está mermada, polo que as actividades da aula de música deben procurar o desenvolvemento desta autonomía: a práctica instrumental e o baile deben procurar o desenvolvemento da psicomotricidade fina e grosa respectivamente para unha maior autonomía de movemento. A través de tarefas de orientación á realidade mediante o uso de pictogramas e a configuración de rutinas na aula, favorécese a capacidade de planificación deste alumnado. En canto ao espíritu emprendedor, e moi importante saber canalizar os intereses e motivacisóns do alumando cara a improvisación musical e cara a utilización de centros de interese deles na escolla do repertorio e dos eixos temáticos das unidades didácticas por parte do mestre.

O interesante do conxunto das competencias clave traballadas na aula de música para o alumnado de Necesidades Educativas Especiais do CEE Saladino Cortizo, é que a música, a través dos seus procesos de percepción e expresión, fomenten no alumnado, a consecución de capacidades útiles, para cada un deles, que teñan que ver con capacidades: para mellorar a fala e comprensión lectora ;para consolidar a noción de cantidade nos números, para interactuar cos sons do mundo físico de cara a unha maior comprensión da realidade e do seu contorno físico natural, social, artístico e cultural; para participar da arte e da cultura do seu medio como ouvinte e como músico; para a manipulación de aparellos electrónicos; para ampliar as habilidades de socialización; para aprender orientado ao que é relevante para a súa vida; e en definitiva, para gañar en iniciativa e emprendemento persoal. En definitiva, para ter maior competencia para desenvolverse no mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario