luns, 23 de maio de 2016

REFLEXIÓN SOBRE OS AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE

Este artigo serve como invitación a organizar o teu propio Ambiente Persoal de Aprendizaxe (ou PLE polas súas siglas en inglés).


Un Ambiente Persoal de Aprendizaxe ou PLE é un conxunto de recursos digitales ou ferramentas que ti utilizas para comunicarche cunha rede de persoas. Grazas a un PLE, que non é máis que un xeito informal de aprender no seo do paradigma do Conectivismo, podes incorporar á túa estrutura cognitiva coñecementos e contribuír á aprendizaxe doutros, facendo uso da Web 2.0. ou Web social. Estamos ante a posibilidade de compartir e crear o coñecemento colaborativo entre todas as persoas da Humanidade. E lógicamente, ten repercusiones directas na práctica docente. Os e as docentes temos a obrigación de dotar ao noso alumnado da estratexias, técnicas e ferramentas que lles posibiliten o seu crecemento persoal na Web.




A continuación vouvos a comentar que ferramentas utilizo na miña PLE, e que uso fago de cada unha delas:

1º Teño o meu propio blog profesional en blogspot, moi fácil de editar, vistoso e popular. Recoméndovos blogspot para os principiantes e que nun futuro queirades obter beneficios pola publicidade, e para os máis experimentados wordpress, xa que ten opcións máis complexos para editar un blog con case as posibilidades dun portal web. Trato temáticas sobre o meu traballo como educador musical nun centro de educación musical.



2º Teño varias contas en Twitter, concretamente é profesional a miña conta @_mestreandres (non esquezades o guión baixo do principio si querédesme seguir xa que mestreandres xa estaba pillado). As redes sociais como facebook, ou tuenti, son espazos para compartir coas persoas que ti queiras, Sen dúbida Twiiter ofrece enormes vantaxes cando queres poñerche en contacto con persoas da túa mesmo ámbito profesional. Pódenche aportar rápidamente información, recursos, e resolverche unha dúbida nun tempo record. De feito o meu twitter docente, por así dicilo é un compendio de contactos para a miña rede persoal de aprendizaxe.



3º  Navegación suscrita RSS. Non tes (aínda que podes seguir facéndoo pois nada cho prohibe) que estar buscando cada un dos artigos, ou enlaces coa información que che interese. Podes poñer á Web a traballar para ti. E é moi fácil. Se te acolles á subscripción RSS a blogs, con ferramentas como Feedly. Ábresche a túa conta en Feedly e listo, os artigos dos blogs aos que che subscribes chéganche. É unha ferramenta sinxela de uso e moi operativa, recoméndoa. Tamén a quen che subscriba chegaranlle os teus artigos. Buscade o icono de compartir RSS e agregarme si interésovos.




E cando buscas a información, non ten porque ser un consumo esporádico. Podes utilizar marcadores como "favoritos" do navegador de Internet que teñas, pero podes ir máis aló. O certo é que existen ferramentas como Diigo que se instalan como complemento na túa barra de navegación de Mozzila Firefox e dáche a opición de gardar as túas enlaces. Podes subliñar e engadir etiquetas aos documentos que gardas da web e claro; podes estudar directamente na Web con subrayadores e postits virtuales de Diigo. Moi útil si preparas oposicións, unha carreira, unha tese, un máster. Particularmente con Diigo podo seleccionar enlaces a vídeos de cancións, e a recursos específicos para traballar co meu alumnado de educación especial no aula de música.




5º Para seleccionar información que podes poñer a disposición dos demais e que podes recibir doutras persoas, existe Pinterest. É unha ferramenta que nos axuda á curación social de contidos: un proceso de selección de contidos baixo o prisma do teu propio sentido crítico. As máquinas queren, pero non poden emular a capacidade crítica dunha persoa á hora de seleccionar contidos relevantes e verdadeiros. Con Pinterest podes compartir e subscribir Taboleiros de pines nos que mediante imaxes, podes realizar unha selección de recursos e enlaces na Web. Aínda que a curación de contidos tamén se fai coas anteriores ferramentas, xa que comprende a procura e selección da información para a construción do coñecemento propio e alleo. Teño proxectado utilizar taboleiros de Pinterest para elaborar unidades didácticas por niveis para que os meus alumnos e alumnas poidan elixir algunhas actividades a realizar co ordenador.




6º Si o que queres é crear (para iso serás o moderador ou dinamizador) ou participar (solicitando ao moderador o teu inscripción) nunha comunidade práctica entre iguais (CoP) ou de aprendizaxe entre alumnos/as (CA) , tes que poñerche en contacto con persoas coas que compartes un interese de aprendizaxe ou paixón. No caso dos docentes, estas comunidades de práctica con docentes de áreas afines ou de aprendizaxe para a súa alumnado, poden aloxarse nas típicas redes sociais ordinarias como facebook, google , ou ferramentas de mensajería instantánea como slack. Tamén se poden aloxar en redes sociais educativas como SocialWire, desenvolvida polo grupo de investigación de Carlos López Ardao na que che podes dar de alta cunha conta coorporativa da Xunta de Galicia tipo usuario@edu.xunta.é Concretamente no grupo de facebook musicaeeducacion poderei contar co apoio dos meus compañeiros e compañeiras músicos e educadores musicais. Os profesores e profesoras do CEE Saladino Cortizo pertencemos a unha comunidade virtual de educación especial dirixida ás persoas con autismo que se chama ARASACC e sería dentro das redes sociais, unha rede profesional de docentes de educación espeicial.


7º Unha vez pertences, polo menos, a unha comunidade práctica virtual  ou aprendizaxe; dispós dunha serie de aplicacións que che permitirán, non só compartir recursos, senón a elaboración colaborativa de novos contidos e recursos. Podes contar con ferramentas como: as Wikis e as Suites ofimáticas na nube. Exemplos de Wikis son: WikiSpacesWikiaGoogle Sites; e funcionan como a famosa Wikipedia. Exemplos de Suites ofimáticas son Google DocsMicrosoft Office Online que son a alternativa en liña das Suites ofimáticas locais do teu ordenador. As Wikis son sitios webs relacionados editados por múltiples persoas. As Suites ofimáticas na nube están formadas por procesador de textos, editor de follas de cálculo e editor de presentacións. Son a solución en liña a todos os nosos problemas de perda de arquivos que ademais os podes compartir e recuperar. Moi recomendable. De feito, os profesores e profesoras do CEE Saladino Cortizo, levamos moitos anos compartindo en Google Docs materiais específicos para o traballo co noso alumnado. Temos paneles de comunicación, pictogramas, linguaxe de signos, fichas de lectoescritura, matemáticas, calendarios, traballo manipulativo respecto de as actividades básicas da vida diaria como comer, vestirse e outras necesidades básicas.





Anímovos se o queredes a crear o voso propio Ambiente Persoal de Aprendizaxe, ou mellor dito, a facervos conscientes de cal é o voso PLE de partida, e melloralo por un máis completo como o que vos mostro neste artigo. Si son docentes da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria de Galicia, recoméndovos o curso G1501038 - Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación. Non só aprenderedes a gestionar voso propio PLE, senón que coñeceredes a profesores e profesoras de voso mesmo ámbito cos que crear unha basta rede de contactos que vos axudarán e aos que axudarás a aprender e a formarvos durante toda a vida, o que xa Comenius acuñou como aprendizaxe para toda a vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario