luns, 11 de abril de 2016

A VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA.

   
     No artigo de hoxe quero facer unha reflexión sobre a violencia de xénero na adolescencia. Como pai dunha nena de 2 anos e como educador musical de adolescentes, estou moi preocupado polo tema, xa que os medios adoitan a crear alarma social no incremento das actitudes machistas.



     Déixovos unha ligazón a un artigo que me resultou interesante do que fago un comentario crítico. Non dubidedes en darme a vosa opinión na caixa de comentarios do artigo.

            Ligazón:

         
COMENTARIO:
      
        Como mestre de música de adolescentes con discapacidade intelectual, veño observando conductas sexistas nalgúns mozos (xestos obscenos explícitos), que mozas semellan non só velo como algo normal, senon que incluso o agradecen. Por iso quixen traer a colación o tema da violencia machista na adolescencia.
         
          O titular da nova resulta se cabe pretencioso cun sesgo sensacionalista, xa que asegura que a violencia de xénero entre adolescentes creceu un determinado porcentaxe con decimais. A realidade non é outra que a “Junta de Andalucia” atendeu en 2015 a 129 vítimas de violencia de xénero, un 37,2% máis que no ano anterior 2014. Pregúntome os milleiros de vítimas que quedarán por atender.

      
        Dende o punto de vista científico, 22 mozas (vítimas) e 6 mozos (agresores), son unha mostra insuficiente. Sería preciso un sondeo amplio de adolescentes de diferentes clases socias e etnias (polo carácter transversal e universal de violencia machista). Non obstante, a nova recolle estereotipos dos roles de xénero moi extendidos na aínda sociedade patriarcal e androcéntrica na que vivimos. Da muller, que ama con sufrimento a un líder chulo, co que mantén prácticas sexuais non desexadas por amor, e que admite que a controle. Do “home” que non é machista, pero… Pero creen que ás mulleres lle impresionan o diñeiro e o poder, que os celos son signos de amor, e que por levar certas prendas son facilonas.

           Penso que moita culpa teñen desta situación, os contos de fadas (mozas rescatadas por príncipes), a publicidade (sexista), e como non a televisión (transmisora de prexuizos de toda clase). Tamén o proceso de socialización diferencial de xénero no que moitas veces familia e escola interveñen.

Ante isto, a solución é: a educación, apoiada por políticas activas; unida a unha concienciación da busca dun amor baseado: na liberdadae, no respecto, na relación simétrica de parella, e na igualdade; onde ambas persoas crezan en plenitude.

Ningún comentario:

Publicar un comentario